A familia de Gloria Fernández doa ao Museo Provincial unha obra da artista

LugoXa | RibeiraSacraXa
O Museo Provincial de Lugo incorporou aos seus fondos unha nova obra da artista monfortina Gloria Fernández, falecida en 1996.
26 Dec 2022

O Museo Provincial de Lugo incorporou aos seus fondos unha nova obra da artista monfortina Gloria Fernández, falecida en 1996.

Esta obra, realizada en 1948 en óleo sobre lenzo, é un retrato do marido da artista, o avogado e escritor Gumersindo Pérez Álvarez.

Esta pintura súmase as xa vintetrés que recollía o Museo Provincial de Lugo, a maioría delas depositadas ou cedidas tras a ampla exposición retrospectiva que o Museo Provincial lle dedicou en 2008 o sobriño da artista, o recoñecido pintor Roberto Fernández.

No acto, a vicepresidenta da Deputación de Lugo agradeceu a “xenerosidade da familia de Gloria Fernandez, e especialmente Roberto Fernández, que con esta doazón reforza o Museo Provincial de Lugo como espazo de referencia para a conservación e difusión da súa obra”.

0.10905718803406