A exposición 'O fin do Camiño' chega ao Saviñao

RibeiraSacraXa
Esta mostra itinerante sobre a ruta xacobea pódese visitar ata o vindeiro 8 de marzo nos salóns do Círculo Saviñao, en Escairón
miniatura mostra fin do camiño
2 Mar 2021

O Círculo Saviñao, de Escairón, acolle a mostra itinerante 'O fin do Camiño', organizada polo colectivo Egeria, e que conta co patrocinio da Xunta de Galicia a través do programa 'O teu Xacobeo'.

As fotografías que se mostran son de Eduardo Ochoa e Carlos Puga, quenes "reflicten especiais visións dos Camiños a Compostela, arredándose das visións turísticas e centrándose nos aspectos humanos e monumentais, dos que se destacan os detalles máis sobranceiros". Ademais, cada un dos dez paneis dobres que compoñen a exposición contan con breves glosas á ruta xacobea de Urbano Lugrís, Dante, Frei Luis de León, Tirso, Machado ou Cunqueiro, entre outros.

Os textos están redactados en galego, castelán e inglés, e abordan o tema do 'fin do camiño' como expresión dos sentimentos que moven ao peregrino a emprender este camiño milenario.

A mostra, que se poderá visitar en Escairón ata o vindeiro luns 8 de marzo, chega á localidade no percorrido que durante este ano está a facer polos concellos polos que discorren os Camiños de Inverno, Primitivo, Norte e Vía Kunig. No ano 2019 a mesma exposición estivo nos concellos do Camiño Francés.

presentacion saviñao mostra fin do camiño

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17688393592834