A exposición de Raquel Figueiras aterra en Chantada

RibeiraSacraXa
A veciña de Chantada, Raquel Figueiras, expón na Casa da Cultura ata o 30 de xullo a exposición Entomoloxías.
cartel exposicion chantada
15 Xul 2021

A veciña de Chantada, Raquel Figueiras, conta cunha exposición na Casa da Cultura ata o 30 de xullo. Esta mostra, coa que se poden ver diferentes figuras, pódese visitar de luns a venres de 9.00 a 15.00 horas; e, no caso do venres tamén abre pola tarde de 17 a 19 horas. En canto aos sábados o horario é de 10 a 14 horas e de 17 a 19 horas. Finalmente, no caso dos domingos tan só se abrirá pola mañá de 10 a 14 horas.

A exposición denomínase Entomoloxías e trata 17 pezas entre urnas, cubos e caixas que funcionan coma escenarios dun enfrontamento, a estrañeza daquelo que non está no seu lugar. A estas caixas engádeselles unha serie de acuarelas que pertencen ao proxecto Cidades inclinadas no que está traballando a autora tanto en escultura cerámica coma en madeira. Tamén hai unha breve representación de collage.

Así pois, trátase dunha nova exposición na que se pode ver a realidade dende outra perspectiva. Por outra banda, levanse a cabo todas as medidas sanitarias, nun espazo seguro e cunha aprendizaxe entre as súas paredes.

exposicion chantada raquel figueras
0.084278106689453