A escritora bovedana, Yolanda Álvarez, presenta o seu novo libro ‘Zapato e bota’

A escritora bovedana, Yolanda Álvarez, presenta este sábado no Centro Sociocultural de Bóveda o libro, ‘Zapato e bota’, o novo conto infantil da autora, que comezou a súa andaina na literatura infantil coa publicación do conto ‘O misterio do tulipán’.
A presentación terá lugar ás 18.00 horas no Centro Sociocultural e contará coa participación do alcalde de Bóveda, José Manuel Arias López, e o director territorial de Cultura, Lingua e Xuxentude da Xunta de Galicia, Manuel Antonio Fernández Piñeiro.
O acto contará con música en directo e actividades para os máis pequenos.