A Escola Municipal de Música Samoeiro celebrou o seu festival de fin de curso
RibeiraSacraXa
Fíxoo cun concerto no parque de Samugueiros, nunha xornada chea de cultura, tradición e convivencia

Festiva de Fin de Curso da Escola Municipal de Música Samoeiro
23 Jun 2025
O alumando da Escola Municipal de Música Samoeiro celebrou esta fin de semana o seu festival de Fin de Curso cun concerto no parque de Samugueiros, unha cita na que a veciñanza da Pobra do Brollón puido gozar da música nun entorno rodeado de natureza.
O alumnado da escola amosou ante o público asistente todo o aprendido durante este curso, nunha xornada chea de cultura, tradición e convivencia. A escola retomará a actividade o vindeiro curso.