A Escola de Música Samoeiro comeza o novo curso

RibeiraSacraXa
Dende o Concello da Pobra do Brollón informan que o novo curso 2021-2022 da Escola municipal de Música Samoeiro comezará este xoves 21.
instrumentos
18 Out 2021

Dende o Concello da Pobra do Brollón informan que o novo curso 2021-2022 da Escola municipal de Música Samoeiro comezará este xoves 21 de outubro.

Desta maneira, os xoves haberá clases de acordeón, piano, guitarra e música e movemento. Os sábados serán as clases de baile tradicional, pandeireta e coro. Ademais, haberá grupos tanto en xoves como en sábado de gaita e frauta traveseira, así como de percusión.

En canto aos horarios serán variados debido aos diferentes grupos formados. Esta cuestión ou para máis información, pódese consultar a páxina web concellodapobradobrollon.gal

Por outra beira, este ano, a novidade en canto as materias son as clases de guitarra, que contará con dúas sesións diferentes os xoves de 18 a 19.30 horas.

cartel escola música pobra brollon
0.10504484176636