A editorial Hércules de Ediciones faise oco na Feira do Libro de Monforte

RibeiraSacraXa
A editorial Hércules de Ediciones faise oco na Feira do Libro do concello de Monforte con varias actividades programadas
feira libro
25 Ago 2022

O concello de Monforte, que está a celebrar a súa vixésimo terceira edición da Feira do Libro, dentro do programa do Verán Cultural, contará coa participación da editorial Hércules de Ediciones que organizará presentacións e sinaturas das súas últimas novidades.

Situada na rúa Cardenal a exposicións de casetas da Feira do Libro poderanse visitar dende o 24 de agosto e ata o próximo sábado 27, en horario de 11 a 14 horas e durante a tarde de 19 a 22 horas.

Está previsto que hoxe día 25 ás 12.00 horas na carpa de presentacións, a editorial Hércules de Ediciones organice un conta contos e unha presentación da obra Leopoldo, o pequeno monstro por parte da autora Estefanía Padullés.

Ás 13.00 horas terá lugar a sinatura de exemplares Que mal día, Gato Klops!, pola súa autora, Estefanía Padullés no posto da librería Agrasar.

E xa o venres, o público poderá desfrutar coa presentación do libro 7 herbas máxicas coa intervención de Francisco do Romualdo e da autora dos textos, Rosalía Bermúdez. Que terá lugar na carpa de presentacións ás 20.30 horas.

0.19089794158936