A Deputación expón a relación de beneficiados das axudas ás Reservas da Biosfera

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa
A Xunta de Goberno aprobou , de maneira provisional, a relación de asociacións beneficiarias da liña de axudas.
reservas da biosfera lucenses
18 Xuño 2022

A Xunta de Goberno aprobou, de maneira provisional, a relación de asociacións beneficiarias da liña de axudas que convocou a Deputación de Lugo por un importe total de 83.000€ para impulsar o territorio das Reservas da Biosfera Terras do Miño e os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá, xestionadas pola institución provincial.

Resultaron adxudicatarias destas subvencións un total de 27 entidades asociativas: 16 da Reserva Terras do Miño, e 11 da Reserva dos Ancares Lucenses.

A Deputación abre agora un prazo de alegacións de 10 días unha vez se publique no Boletín Oficial da Provincia (BOP) o listado provisional coas propostas admitidas, excluídas e desestimadas.

A voceira socialista do Goberno manifestou que “o obxectivo que buscamos con estas axudas é apoiar dende a Deputación de Lugo ao tecido asociativo que traballa nas Reservas para que poida desenvolver actuacións e proxectos vinculados ao medio ambiente e ao rural que poñan en valor o patrimonio natural, cultural e paisaxístico destes territorios”. Deste xeito, detallou a Deputada, “contribuímos da man das asociacións ao obxectivo básico que establece a Unesco cando declara as Reservas, que é coidar e preservar o medio ambiente e, ao mesmo tempo, impulsar o seu desenvolvemento social e económico de maneira sostible”.

Ademais, na Xunta de Goberno deste venres quedou aprobada a convocatoria e as bases específicas para cubrir, mediante concurso oposición, unha praza vacante de ATS para o servizo provincial de Prevención. 

0.11425995826721