A Deputación de Lugo inicia este martes as obras na LU-P-4702 ao seu paso pola Pobra do Brollón

RibeiraSacraXa
O tramo permanecerá pechado ata o xoves 27 de xuño
LU-P-4702
LU-P-4702
16 Jun 2025

A Deputación de Lugo pon en marcha este martes, 17 de xuño, os traballos de reparación dunha zona de paso danada na LU-P-4702 no termo municipal da Pobra do Brollón.

Concretamente, as obras executaranse no punto quilométrico 6,600 e obrigarán a pechar ao tráfico este tramo ata o vindeiro 27 de xuño.

As obras, cun orzamento de 18.500 euros, serán executadas pola empresa encargada da conservación viaria. A institución provincial explica que habilitaranse desvíos alternativos e garantirase o acceso aos residentes da zona.

⚙ Configurar cookies
0.16745901107788