A Deputación de Lugo destaca o valor diferencial do aceite de Quiroga na XXVI edición da Mostra do Aceite

RibeiraSacraXa
Carmela López salientou que se trata dun produto “que é único en Galicia” e subliñou a súa contribución ao desenvolvemento do rural e ao fortalecemento dun modelo turístico sostible ligado á gastronomía
mostra-do-aceite-de-quiroga-2026
16 Mar 2026

A Praza do Auditorio de Quiroga acolleu este domingo a xornada central da XXVI edición da Mostra do Aceite, unha cita xa consolidada no calendario da Ribeira Sacra que serve para promocionar un produto singular do municipio. No acto participou a presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, quen puxo en valor a importancia deste aceite no ámbito agrícola, gastronómico e turístico da zona.

Durante a súa intervención, a presidenta provincial destacou que se trata dun produto “que é único en Galicia grazas ao microclima singular desta terra, das variedades locais de oliveira e da produción artesanal”.

López sinalou ademais que esta singularidade representa tamén unha oportunidade para o desenvolvemento do rural. Segundo explicou, a produción do aceite está vinculada a pequenas explotacións familiares, polo que cada botella supón unha fonte directa de ingresos para os agricultores da zona. Ao mesmo tempo, subliñou que este produto contribúe a reforzar un modelo turístico sostible ligado á gastronomía e á paisaxe da Ribeira Sacra.

A xornada contou cun programa de actividades pensado para todos os públicos. Entre as propostas incluíronse demostracións en directo do proceso tradicional de elaboración do aceite, postos de venda de produtos típicos da comarca e degustacións para os asistentes.

0.12910294532776