A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil urxe á Xunta a desbloquear o Regadío de Lemos

RibeiraSacraXa
Advirten de que hai máis dun ano que se presentou un Plan Integral de aproveitamento agronómico para a comarca e que non houbo resposta da Consellería de Medio Rural
chms-regadio-lemos
16 Dec 2025

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil urxe á Xunta a desbloquear o Regadío de Lemos urxe á Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia ao desbloqueo do Regadío de Lemos.

O presidente da CHMS, José Antonio Quiroga, lembra que nun encontro celebrado hai case un ano, o organismo presentou á Consellería un Plan Integral de aproveitamento agronómico para a comarca, detallando a problemática da actividade agraria nesta zona. Porén, sinala Quiroga, “despois da exposición e da interacción dos presentes, os membros da Consellería solicitaron unha copia do citado Plan para o seu estudo e valoración, comprometéndose a que no prazo máximo de 2 meses nos farían achegas e convocarían un novo encontro.

Por iso, “ante a falla de novas, o pasado venres remitimos un escrito urxindo unha data para manter o encontro acordado”, explica o presidente, que recalca que se trata dunha zona “onde hai clima, terra e auga, características que ofrecen un futuro cheo de posibilidades que a comarca está perdendo pola inacción da Administración autonómica”.

⚙ Configurar cookies
0.075380086898804