A compañía Magín Blanco leva este domingo a Monforte o seu espectáculo ‘A nena e o grilo camiño das cores’

RibeiraSacraXa
A función está dirixida a público infantil e familiar e terá lugar no Multiusos
cartel-magin-blanco-monforte
Imaxe da compañía Magín Blanco
14 Mar 2025

O Concello de Monforte continúa co seu ciclo de teatro correspondente ó primeiro trimestre deste ano 2025, cunha nova actuación este domingo 16 de marzo no Edificio Multiusos a partir das 18.00 horas.

Dentro do Ciclo da Rede de Teatros e Auditorios da Xunta, terá lugar a posta en escena da obra para público infantil e familiar (a partir de 4 anos), A nena e o grilo camiño das cores, da compañía Magín Blanco, obra composta por Magín Blanco e Pepablo Patinho, dirixida por Pepablo Patinho e coa interpretación de Montse Piñón López, Pedro Pablo Patiño Peña, Jorge Casas Caneiro, Magín Blanco García e Pablo Vidal Mendoza.

Sinopse

A Nena e o Grilo camiño das cores é unha montaxe teatral de Magín Blanco e Teatro Ghazafelhos xunto á Banda das Apertas en directo. É a última e cuarta entrega de A nena e o grilo, o musical infantil máis aclamado do panorama galego.

O fío condutor desta peza son os camiños, as peregrinacións nas que as camiñantes buscan atoparse consigo mesmas, a vida que avanza e non sabemos a onde nos leva.
A Nena xunto coa Banda das Apertas que a acompaña emprenderá unha viaxe chea de aventuras e sorpresas na que descubrirá que o seu anhelo non é outra cousa que a amizade. Unha nova entrega da saga para público familiar para viaxar ao País das Apertas!.

⚙ Configurar cookies
0.38783311843872