A compañía Galeatro leva a Taboada a función ‘Berenguela na gaiola’

Este domingo, 29 de decembro, dentro da programación de Nadal do Concello de Taboada, poderá verse a obra de teatro ‘Berenguela na gaiola’, a cargo da compañía Galeatro, galardoada co IV Premio Manuel María de Teatro.
A representación, que está escrita por Paula Carballeira, terá lugar no Cuartel Vello ás 18:00 horas. Esta actividade está financiada pola Área de Cultura da Deputación de Lugo.