A CGT pide ao Concello de Chantada que investigue “supostas irregularidades” na contratación de varias traballadoras sociais

RibeiraSacraXa
Dende o sindicato advirten de que varias traballadoras sociais contratadas non estarían dadas de alta no Colexio de Traballadores Sociais de Galicia
concello-chantada
Casa do Concello de Chantada
14 Feb 2025

O sindicato CGT presentou este xoves 13 de Febreiro do 2025 un escrito onde lle demanda ao alcalde de Chantada que proceda a efectuar as xestións pertinentes para determinar si se están a cometer irregularidades na contratación das traballadoras sociais por parte da empresa Os Ventos Innovación S.L.

O sindicato expresa no seu comunicado, que as traballadoras sociais deben estar en posesión da titulación de diplomadas en traballo social, ademais de estar colexiadas para o desempeño das súas funcións, como así o establece a lei. A CGT ten coñecemento de que as devanditas traballadoras non están dadas de alta no Colexio de Traballadores Sociais de Galicia.

Este suposto constituiría un caso de intrusismo profesional e que vulneraría o prego de condicións técnicas polo que a empresa “Os Ventos Innovación S.L.” presta os seus servizos, así como a lexislación penal.

⚙ Configurar cookies
0.16839003562927