A Casa da Memoria de Bóveda presenta a súa programación para o mes de maio

RibeiraSacraXa
Durante este mes, haberá talleres, concertos e exposicións
pez-mago-a-casa-da-memoria
4 May 2025

A Casa da Memoria de Bóveda xa ten lista a súa programación para o mes de maio cunha serie de actividades pensadas para todos os públicos. Durante este mes, haberá talleres, concertos e exposicións.

A primeira das actividades será un obradorio práctico de "Xabóns da avoa", que se celebrará o sábado 10 de maio entre as 17.00 e as 20.00 horas. O taller, impartido por Rocío Álvarez, ensinará aos participantes a elaborar os seus propios xabóns de xeito natural, utilizando receitas tradicionais das nosas avoas. Ao finalizar, haberá unha cea compartida na que cada participante poderá traer algo para compartir. O prezo do taller é de 10 euros e inclúe os materiais necesarios. As persoas interesadas poden inscribirse chamando ao 657 690 247.

O seguinte evento será o concerto-vermú de Pez Mago o domingo 11 de maio ás 13.00 horas. O coñecido cantautor madrileño Lucas Álvarez de Toledo presentará o seu último traballo "Sol de mediodía". A entrada será gratuíta e os asistentes poderán contribuír de forma voluntario.

O sábado 17 de maio será o día para a inauguración da exposición fotográfica "Bóveda, a memoria no lugar", que amosará o resultado dunha investigación realizada polo artista Óscar Górriz durante a súa primeira Residencia Artística en A Casa da Memoria. Ás 17.30 horas, terá lugar tamén a presentación do libro e unha ruta guiada pola Aldea de Xullán, que complementará a exposición. A entrada será gratuíta para todos os asistentes.

⚙ Configurar cookies
0.16107392311096