A Casa da Cultura 'Olga Novo' proxecta este venres o documental 'Emoción, vida e teatro. A nave das Marías'

A Casa da Cultura 'Olga Novo' da Pobra do Brollón acolle este venres, ás 20.15 horas, a proxección do documental 'Emoción, vida e teatro. A nave das Marías', finalista a Mellor Documental nos últimos Premios Mestre Mateo. E entrada será libre e gratuíta ata completar aforo.
Este documental fala da importancia do teatro como ferramenta de intervención social. 'A Nave das Marías' foi unha peza teatral creada para facilitar espazos para dar visibilidade ás mulleres migrantes. No filme, as persoas implicadas no proceso de creación da obra contan como influíu nese momento das súas vidas, deixando constancia de como o teatro pode ser unha ferramenta sorprendente e efectiva para cambiar persoas e vidas.