A Casa da Cultura de Quiroga acollerá unha sesión informativa sobre o certificado dixital
Empregados públicos da Administración Xeral do Estado e a FEMPO achegaranse ao Concello de Quiroga para realizar sesións informativas, axudar e orientar a facer trámites da Administración Xeral do Estado, evitando moitos desprazamentos e esperas innecesarias.
A Casa da Cultura acollerá o xoves 9 de novembro, a partir das 10.30 unha sesión informativa sobre o Certificado dixital, “A Administración preto de ti”, que serve para realizar trámites de forma segura coas Administracións Públicas ou Entidades Privadas a través da Internet.
Empregados públicos da Administración Xeral do Estado facilitarán nesta xornada a obtención de medios dixitais de firma como o certificado electrónico ou o sistema Cl@ve. As persoas que acudan xa se lles tramitará o seu certificado dixital que poderán usar cando o precisen.