A Casa da Cultura de Pantón ofrecerá un curso de novas tecnoloxías para maiores

RibeiraSacraXa
Será os días 16 e 26 de marzo e está dirixido a maiores de 55 anos
Imaxe de ordenadores
25 Feb 2025

A Casa da Cultura de Pantón acollerá en marzo un curso de formación en novas tecnoloxías para maiores de 55 anos. Será os días 16 e 26 de marzo en horario de tarde, entre as 17.00 e as 19.00 horas. As inscricións para esta actividade, totalmente gratuíta, poden realizarse de forma presencial na Casa da Cultura de Pantón ou ben por teléfono, a través do 982 456 377.

Trátase do curso Expertclick, un programa realizado pola Fundación Cibervoluntarios co apoio do Ministerio de Dereitos e Axenda 2030 e a Fundación da Asociación Española de Banca (AEB).

O curso ofrece formación en novas tecnoloxías a maiores de 55 anos, especialmente de zonas rurais. Nos cursos gratuítos presenciais e en liña, os maiores aprenden a navegar con seguridade e confianza por Internet e a utilizar o seu teléfono móbil ou tableta para comunicarse por videoconferencia, facer xestións co seu banco, pedir cita médica, mercar en liña ou aproveitar o seu tempo de lecer creativo na rede. O obxectivo é aumentar a súa independencia e autonomía persoal.

⚙ Configurar cookies
0.19303417205811