A Casa da Cultura de Chantada acolle unha exposición de Maquetas Modernistas

RibeiraSacraXa
Con esta exposición, que se poderá visitar ata o 26 de marzo, o artista Carlos Macías rende homenaxe ao mestre do Modernismo, Rodolfo Ucha Piñeiro
carlos-macias-maquetas-chantada
3 Mar 2026

A Casa da Cultura de Chantada acolle desde este martes e ata o 26 de marzo a exposición “Maquetas Modernistas”, un homenaxe do artista Carlos Macías a Rodolfo Ucha Piñeiro.

Macías, nado en Ferrol en 1949 e vinculado á construción naval, comezou a traballar nas súas maquetas tras xubilárse. As súas pezas representan edificacións características principalmente da costa ferrolá, con especial atención ao gran patrimonio modernista da cidade. Os traballos expostos nesta mostra, feitos na súa maioría con produtos reciclados e ferramentas comúns, recrean o legado do mestre do Modernismo, Rodolfo Ucha Piñeiro.

As maquetas de Macías mostraronse en lugares como a Feira do Modernismo de Barcelona, a de León ou a Feira de Turismo de Silleda. Ademais, elaborou maquetas expresamente para a exposición “Ferrol Vello, o barrio do que todos somos veciños”, e cedeu pezas para distintas exposicións e mostras nas Oficinas de Turismo de Ferrol, no Ateneo Ferrolán e noutros lugares de interese.

0.12103605270386