A Biblioteca Pobra do Brollón dedica unha sección especial a Rosalía de Castro

RibeiraSacraXa
Os usuarios da biblioteca poderán consultar unha selección de libros arredor da vida e obrad autora con motivo do Día de Rosalía
biblio-brollon-dia-de-rosalia
25 Feb 2026

Na Biblioteca municipal Antonio Reboiro, en A Pobra do Brollón, instálase estes días unha sección especial dedicada a Rosalía de Castro co motivo do Día de Rosalía, que se conmemora o 23 de febreiro. Este ano celébrase o 189 aniversario do nacemento da escritora galega, considerada un referente da literatura e da cultura de Galicia.

Os usuarios da biblioteca poderán consultar unha selección de libros arredor da vida e obra de Rosalía de Castro. A biblioteca está aberta en horario de mañá, de 10:30 a 13:30 horas, no segundo andar da Casa da Cultura Olga Novo.

A iniciativa busca fomentar a lectura e dar visibilidade á figura da escritora entre veciños e visitantes do municipio.

0.11940503120422