A Biblioteca de Sober acolleu este domingo a presentación de 'Apuntes para a historia de Sober', de José María Lago
RibeiraSacraXa
A obra afonda nunha serie de reflexións e investigacións realizadas sobre a historia do municipio

Presentación de 'Apuntes sobre a historia de Sober'
2 Dec 2024
O escritor José María Lago, afincado en Sober, presentou este domingo ás 12.00 horas na Biblioteca Municipal 'Apuntes para a historia de Sober', unha recompilación de información sobre o concello.
Lago, nacido en Madrid, leva 15 anos residindo neste concello lucense. A súa obra afonda nunha serie de reflexións e investigacións realizadas sobre a historia social, política e económica deste municipio ao longo da historia.
O autor estivo acompañado polo alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián.