A Biblioteca de Chantada acolle este venres a presentación dunha reedición de ‘Apuntes para la historia de Chantada’

A Biblioteca Pública Municipal Xoán de Requeixo de Chantada acolle este venres, 13 de xuño, ás 20:00 horas o acto de lanzamento dunha nova edición de ‘Apuntes para la historia de Chantada’ por Manuel Formoso Lamas.
O libro publicábase por primeira vez en 1905, celébrase así o 120 aniversario da publicación orixinal e os 175 anos do nacemento do autor, que foi correspondente da Real Academia Galega en Chantada e mestre da escola completa da vila entre 1884 e 1910.
Esta nova edición reproduce integramente o texto orixinal e inclúe, a maiores, unha recensión biográfica do autor e ilustracións de Alejandro García-Pérez, Lucía Lobelle González, Mariana Suárez Cornilliac, Jon González Arroyo e Cristina Ouro Gómez. O deseño e maquetación é de Martín Varela Rodríguez. O acompañamento musical das palabras será de André Espiñeira.