A autora ourensá Marisol Carrera Míguez expón a súa obra en Chantada

RibeiraSacraXa | OurenseXa
Carrera leva a exposición fotográfica “Esvaecer” á Casa da Cultura de Chantada durante o mes de abril
mostra-esvanecer-chantada
1 Apr 2026

A Casa da Cultura de Chantada acolle durante o mes de abril a exposición fotográfica “Esvaecer”, da autora ourensá Marisol Carrera Míguez, unha afeccionada á fotografía que xa presentou a súa obra en distintas mostras de ámbito local en Galicia.

A proposta convida a unha reflexión visual sobre o paso do tempo e o movemento. A través das súas imaxes, a artista presenta escenas nas que a figura humana perde protagonismo e se integra no contorno como un elemento máis, captando instantes efémeros e en constante transformación.

“En esta muestra de fotografías traté de explorar el movimiento como un proceso de transformación, en el que la forma pierde sus límites y la imagen se transforma en un rastro. Presento una serie de fotos donde se puede ver la vida de la gente en diferentes entornos, aparecen sin un rostro definido y además ese instante está destinado a desaparecer, solo quedará el testigo de la cámara”, explica Carrera.

Nesta liña, a autora tamén aborda a paisaxe e a arquitectura desde unha perspectiva cambiante. Os elementos naturais, como horizontes, árbores ou montañas, dilúense na imaxe, mentres que as estruturas arquitectónicas perden a súa rixidez para transmitir unha sensación de fraxilidade ante o paso do tempo.

“Las líneas naturales, horizontes, arbóles, montañas, puentes,… se deshacen suavemente para entrar en el terreno de la evocación”, sinala a artista, que engade que no ámbito urbano “las líneas geométricas se hacen trazos, lo construido deja de ser permanente para mostrasre vulnerable al paso del tiempo”.

A exposición poderá visitarse durante a Semana Santa en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas de luns a mércores, e de 10:00 a 14:00 os sábados, domingos e festivos. Tras esas datas, abrirá de luns a venres en horario de mañá e tarde, e os sábados en horario de mañá.

0.12335205078125