A Asociación veciñal do Saviñao organiza un contacontos infantil

RibeiraSacraXa
A asociación veciñal do Saviñao organiza un contacontos infantil o vindeiro luns 16 de agosto ás 12 horas da mañá.
premio libros narracion
15 Ago 2021

Escairón, no Concello do Saviñao, acolle un contacontos infantil organizado pola Asociación veciñal do Saviñao o luns 16 de agosto. O contacontos é de Anxo Baranga e Blanca Cotado, membros da agrupación teatral Furafollas de Barcelona, e serán os encargados de amenizar unha xornada para os máis pequenos e pequenas da vila.

O acto terá lugar a partir das 12 horas no patio entre a biblioteca e o Auditorio municipal e ten o obxectivo de que veciños e veciñas poidan gozar de algo novo e educativo.

0.15147614479065