A asociación Segredos de Pantón organizará unha ruta polo municipio o sábado 20
O próximo sábado 20 de agosto a asociación cultural Segredos de Pantón, dentro do programa Cultiva Cultura 2022, levará a cabo unha ruta polo carballedo máis pantonés onde colaborarán de forma conxunta coa asociación de veciños O Bubaíño de Castro.
Percorrerán as zonas de A Grixoá, Paradela e as fermosas igrexas románicas de Santo Estevo de Chouzán e San Martiño da Cova.
O prezo desta andaina será de 2 euros por persoa, unha actividade para tódolos públicos na que os que queiran participar, poden inscribirse xa por teléfono ou whatsapp (662 669 223 - Lucas Vázquez), por facebook ou instagram e tamén por correo electrónico: segredosdepanton@gmail.com.
Segredos de Pantón ten previsto realizar tamén outros roteiros para o mes de setembro, un polas parroquias de Serode, Deade e San Fiz de Cangas e outro pola contorna de Pesqueiras.
A ASOCIACIÓN
Segredos de Pantón é un colectivo nado no ano 2016, que non chega a formalizarse como asociación cultural ata 2019.
Dende os seus comezos como colectivo ata converterse en asociación cultural, sempre mantivo obxectivos claros entre os que se atopan: a promoción, defensa e loita polo medio rural, a defensa e promoción da lingua galega a posta en valor do patrimonio de Pantón (tanto material coma inmaterial) e por suposto, a conservación e defensa da natureza.