A Asociación de Vilachá de Salvadur organiza un voluntariado no castro do Castrelao

RibeiraSacraXa
A Asociación de veciños e veciñas de Vilacha Salvadur promove un proxecto de recuperación e posta en valor do castro do Castrelao.
roza pobra brollon
29 sep 2021

A Asociación de veciños e veciñas de Vilachá Salvadur promove un proxecto de recuperación e posta en valor do castro do Castrelao. O proxecto está dirixido polo arqueólogo Luís Cordeiro e dará continuidade aos traballos que a asociación xa iniciara en 2018 e baixo a dirección do arqueólogo Iván Álvarez Merayo.

A primeira intervención comezarán no mes de outubro e será unha limpeza da croa e do antecastro. Para esta tarefa, dende a asociación fan un chamado a veciños e veciñas, así como a xente interesada no patrimonio histórico da Ribeira Sacra, para participar como voluntarios.

Só se precisa traer o material propio (debrozadora ou semellante), e ganas de compartir un día de traballo nun castro con vistas impresionantes e dimensións considerables (seguramente un dos máis grandes da contorna).

O día fixado é o sábado 16 de outubro, ás 9 horas no Campo da Festa (nas adegas de Vilachá de Salvadur). A asociación encargarase do xantar e do viño.
As persoas que se queiran anotar poden facelo enviando os seus datos e contacto a vilachasalvadur@gmail.com ou enviando unha mensaxe por privado.

Este proxecto é posible grazas ao cofinanciamento da área de Cultura da Deputación de Lugo e da Asociación de veciños/as de Vilachá de Salvadur. Por último, dende a asociación informan que non se responsabilizan de posibles accidentes que poidan sufrir tanto persoas como o material propio.

0.10041499137878