A Asociación Cultural Abrente presenta a obra As tres solteironas no Saviñao

RibeiraSacraXa
A Asociación Cultural Abrente presenta a comedia As tres solteironas, unha obra teatral que pertence ao círculo de teatro afeccionado 2021.
cartel as tres solteironas teatro
29 Oct 2021

O Círculo Saviñao organiza unha cita teatral no día de mañá, sábado 30 de outubro. Nela, a Asociación Cultural Abrente -unha asociación cultural que naceu nas Nogais en 2008 e que decidiu crear esta agrupación de teatro no 2016- presenta a comedia As tres solteironas, unha obra teatral que pertence ao círculo de teatro afeccionado 2021.

A obra é unha comedia que está ambientada nos anos 50, que trata sobre un par de familias que queren amañar herdanzas pactando casamentos. Os problemas chegan cando existen namoramentos, problemas entre os personaxes e un sinfín de aventuras nas que se representan costumes e visións da sociedade dos anos 50 de forma satírica.

Así pois, a obra realizarase no auditorio municipal de Escairón o sábado 30 de outubro, ás 19.30 horas. Ademais, levaranse a cabo as medidas sanitarias correspondentes para poder gozar dunha obra teatral con seguridade e maneira amena.

cartel as tres solteironas saviñao
0.15090084075928