A Asociación Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra organiza unhas xornadas científicas

RibeiraSacraXa
Chega a Chantada a XVIII edición das Xornadas científicas do Camiño de Inverno que se levarán a cabo entre o 11 e o 12 de setembro.
camiño inverno
10 sep 2021

Chega a Chantada a XVIII edición das Xornadas científicas do Camiño de Inverno que se levarán a cabo entre o 11 e o 12 de setembro.

Nas xornadas, denominadas As pinturas murais das igrexas románicas de Santa María de Nogueira e de Santa María de Pesqueiras, realizaranse visitas guiadas a estas igrexas, percorridos a pé polo Camiño de Inverno, visita a unha adega con cata de viños, percorridos en barcaza polo río Miño dende Belesar á fervenza de Augacaída e gastronomía da zona.

Por outro lado, está organizado pola Asociación Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra e as prazas son limitadas. Ademais, levaranse a cabo todas as medidas sanitarias correspondentes.

É preciso reservar praza chamando a calquera destes teléfonos: 608 575 965; 630 508 872; 686 73 23 93.

cartel xornadas cientificas chantada
0.14206314086914