A actuación de Luar na Lubre será finalmente o domingo
RibeiraSacraXa
Despois de ter que aprazalo ata en dúas ocasións, o grupo de música folk, Luar na Lubre, estará o vindeiro venres 10 de outubro en Chantada.
6 Oct 2021
Despois de ter que aprazalo ata en dúas ocasións a causa do mal tempo, o grupo de música folk galega, Luar na Lubre, estará o vindeiro venres 10 de outubro en Chantada. Así pois, a cita levarase a cabo na praza do Cantón de Chantada ás 19 horas.
Este é un grupo de música galega nado no 2016 dentro da Asociación Cultural Triskell de Armentón (Arteixo), coa idea de formar un proxecto basado nos cuartetos de música tradicional.
Unha xornada de música e ambiente festivo no que se levarán a cabo as medidas sanitarias correspondentes -uso obrigatorio de máscara, sentados en cadeiras, entrada libre ata completar aforo e rexistro dos espectadores- e que porá punto e final ao verán cultural de Chantada.