Elena Ferro protagonizará unha charla o vindeiro 16 de marzo en Quiroga
O BNG de Quiroga organiza unha nova actividade para a veciñanza do municipio, coa colaboración do Concello de Quiroga e da man de Elena Ferro, emprendedora do negocio familiar Eferro zocos e coiro.
Así, este acto, que se desenvolverá o vindeiro 16 de marzo, terá como finalidade conmemorar o 8M, Día da Muller, coa charla e coloquio dunha muller que "dignifica un negocio", explican os organizadores.
Explican que a marca familiar Eferro mantén "vivo un oficio tradicional de zoqueiros e mostran cos seus deseños que o tradicional e a modernidade son perfectamente compatibles", sosteñen.
As persoas interesadas en acudir a esta iniciativa poderán facelo achegándose á Casa da Cultura de 17.00 a 18.30 horas e aprender dunha muller que mantén un labor tradicional.