Yolanda Grela dirixiu un concerto de zarzuelas na igrexa de Escairón

RibeiraSacraXa
O evento, organizado polo Círculo O Saviñao e a Coral do Liceo de Ourense, desenvolveuse esta fin de semana
Concerto-de-Zarzuela-da-Coral-do-Liceo-de-Ourense-no-Saviñao
10 Xuño 2024

A Coral do Liceo de Ourense vén de ofrecer na igrexa de Escairón un concerto de zarzuelas, dirixida por Yolanda Grela Betoret, que este ano cumple 26 anos liderando esta agrupación musical que podemos considerar a máis antigua de España.

Ao piano estivo Luis Humberto Cao e como solistas a veterana Elena Álvarez, Cristina Martínez, Basilio fuentes, Orlando González e Eduardo Martínez.

Fixo tamén unha brillante demostración a directora Yolanda Grela como solista. Interpretaron un completo programa que foi moi ben valorado e aplaudido por todos os presentes.

Desde 1999 é habitual encontrar nos actos do Círculo Saviñao á Coral do Liceo de Ourense. "Nestes 25 anos creamos lazos de amizade que moito nos levan aportado polo que agradecemos coma sempre a súa dispoñibilidade", explican desde O Círculo.

0.21435904502869