Xurxo Ayán falará sobre o proxecto 'Sexlaves' no marco do Plan Corresponsables da Pobra do Brollón
RibeiraSacraXa
Este venres 9 o arqueólogo analizará a materialidade da escravitude sexual e a prostitución dende os anos 70 ata a actualidade
7 Ago 2024
Este venres 9, no marco do Programa Plan Corresponsables da Pobra do Brollón, o arqueólogo Xurxo Ayan Vila falará sobre o proxecto 'Sexlaves', que analiza a materialidade da escravitude sexual e a prostitución dende os anos 70 ata a actualidade.
A partir da arquitectura e dos restos arqueolóxicos dos "puticlubs" de estrada en O Bierzo e Galicia, denúnciase a impunidade desta forma de violencia de xénero, a explotación e coerción de mulleres no Estado español.
Unha vertente nova da arqueoloxía do pasado contemporáneo que Ayán desenvolve dende 2022 xunto con Carlos Otero Vilariño do Incipit-CSIC.
Actividade desenvolta no marco do Plan Corresponsables, financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade e polo Ministerio de Igualdade.