Xunta e Concello de Folgoso do Courel buscan formas para promocionar o Xeoparque

RibeiraSacraXa
A alcaldesa e a conselleira tiveron unha reunión de traballo
a conselleira e a alcaldesa de folgoso do courel
Reunión da alcaldesa e a conselleira
26 Xul 2024

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, e a alcaldesa de Folgoso do Courel, Dolores Castro, avaliaron nunha reunión que mantiveron recentemente vías de colaboración para poñer en valor o Xeoparque Montañas do Courel.

Nesa liña, a conselleira e a alcaldesa coincidiron no importante valor ambiental e paisaxístico do territorio que abrangue este xeoparque e, nesta ocasión, incidiron na súa relevancia como laboratorio ao aire libre para investigar cuestións relacionadas co ciclo da auga. De feito, transita xeograficamente entre o ámbito atlántico e mediterráneo; é un sector de montaña moi ben conservado, e, ademais, mantén o equilibrio entre a protección do sistema fluvial e a actividade cotiá da cidadanía.

De aí, a solicitude do Concello de aproveitar esa posición estratéxica para desenvolver actividades científico-técnicas que garantan a conservación deses hábitats e, ao mesmo tempo, faciliten unha maior concienciación social sobre o uso responsable dos recursos hídricos. Así, ademais de posibles actuacións futuras que serán estudadas pola Dirección Xeral de Patrimonio Natural, Ángeles Vázquez e Dolores Castro reiteraron o compromiso de ambas Administracións por continuar colaborando no desenvolvemento de actividades de educación e sensibilización ambiental na Aula da Natureza do Courel.

0.17037296295166