Xunqueira de Espadanedo organiza un curso de estilos de vida saudables para maiores
RibeiraSacraXa | OurenseXa
Terá lugar o vindeiro 14 de febreiro no Salón de Actos do Concello

9 Feb 2025
O Concello de Xunqueira de Espadanedo organiza un curso sobre estilos de vida saudables e Mindfulness dirixido a maiores. A actividades terá lugar o vindeiro 14 de febreiro entre as 16.30 e as 20.30 no Salón de Actos do Concello.
O curso céntrase na importancia dos estilos de vida e no benestar persoal, así como no mantemento do contacto directo da persoa co entorno.
O programa abordará temas como a alimentación, a actividade física, as emocións ou técnicas de meditación e para mellorar a atención.
O curso será impartido por Orlando Blanco Iglesias, técnico do Servizo de Estilos de Vida Saudables e Educación para a Saúde da Consellería de Sanidade.