Xunqueira de Espadanedo organiza no mes de abril unha serie de obradoiros de prevención da dependencia

O Concello de Xunqueira de Espadanedo organiza o vindeiro mes de abril unha serie de obradoiros de prevención da dependencia destinados ás persoas maiores do concello.
Os obradoiros desenvolveranse o 1 e 8 de abril, dentro do programa de emprego Mancoxove VII da Xunta de Galicia, e levaranse a cabo a través de catro actividades destinadas á prevención da dependencia física, a través dunha actividade de ximnasia e movemento, á prevención do deterioro cognitivo, a través do obradoiro ‘Activa a túa Mente’, o autocoidado e o intercambio interxeracional.
As persoas interesadas poderán anotarse nos servizos sociais do Concello a través do 988 291 050.