Xunqueira de Espadanedo incorporou un novo vehículo Cero emisións para o mantemento dos servizos municipais

RibeiraSacraXa | OurenseXa
O equipamento foi adquirido cunha achega de preto de 40.000 euros da Xunta
novo-vehiculo-xunquiera-espadanedo
2 Dec 2025

O Concello de Xunqueira de Espadanedo incorporou un novo vehículo Cero emisións/ECO destinado a mellorar o mantemento dos servizos municipais de saneamento e abastecemento de auga, un equipamento adquirido cunha achega de preto de 40.000 euros da Xunta de Galicia a través dun convenio da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes.

Este vehículo, que cubrirá as tarefas relacionadas coa provisión de auga para consumo humano e a xestión das augas residuais, permitirá reforzar os servizos medioambientais básicos do municipio, contribuíndo á prevención de enfermidades e á protección do medio ambiente.

Na mañá de hoxe, o delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, visitou o Concello de Xunqueira de Espadanedo acompañado do alcalde, Pablo Graña, para poñer en valor esta incorporación e coñecer de primeira man as necesidades do municipio. Pardo trasladou o compromiso do Goberno galego para seguir apoiando investimentos que favorezan o benestar da veciñanza e o desenvolvemento sostible do concello.

⚙ Configurar cookies
0.075779914855957