Xunqueira de Espadanedo celebra a súa I Mostra de Gando

RibeiraSacraXa | OurenseXa
A cita arranca este venres pola tarde e continuará durante toda a xornada do sábado
mostra-gando-vacun-xunqueira
16 May 2025

A Asociación Agrogandeira A Espadana organiza a primeira Mostra de Gando de Vacún Equino no campo de fútbol de Xunqueira de Espadanedo.

A cita dará comezo este venres, 16 de maio, coa entrada do gando, que terá lugar entre as 17.00 e as 21.00 horas.

O sábado, 17 de ai, o programa dará comezo ás 11.00 horas, cando se abrirá ao público o recinto. Posteriormente haberá unha comida e, ás 16.00 horas, terá lugar a entrega de premios. Os participantes poderán desfrutar de múltiples actividades, como levantamento de alpaca e, para rematar, actuará o DJ Sandín.

⚙ Configurar cookies
0.11851406097412