Xunqueira de Espadanedo acollerá un curso de hixiene dental para a veciñanza

O salón de actos do Concello de Xunqueira de Espadanedo acollerá o vindeiro 30 de abril un curso de hixiene dental dirixido á veciñanza, co obxectivo de proporcionar aos coidadores, familiares e pacientes, habilidades e coñecementos necesarios para mellorar a calidade de vida no ámbito familiar a través da saúde bucodental.
O programa estará impartido por Rosa María Blanco Blanco, técnico especialista en Hixiene Bucodental da Área Sanitaria de Ourense, e estará enfocado á prevención da patoloxía oral asociada a patoloxías sistémicas das persoas maiores, polimedicadas e as próteses. Ademais, abordará técnicas, métodos e productos de hixiene oral para persoas dependentes, así como métodos dee atención bucodental integral, prevención da caries e control da dieta para manter unha boa saúde bucal.