Xosé Randolfe exporá as súas obras no Círculo Saviñao ata mediados de agosto

RibeiraSacraXa
Xosé Randolfe exporá as súas obras no Círculo Saviñao desde este domingo, 9 de xullo, e ata mediados de agosto
Xose Randolfe no Círculo Saviñao
8 Xul 2023

O Círculo Saviñao acolle a exposición de pintura do gandeiro e pintor Xosé Randolfe Vilariño a partir deste domingo, 9 de xullo, día no que será inaugurada, e ata o vindeiro 13 de agosto.

Randolfe xa expuxera anteriormente no Círculo Saviñao as súas creacións artísticas, deleitando aos visitantes do Concello cos seus retratos cargados de diferentes cores que se mesturan na obra.

Ademais da pintura, Xosé Randolfe tamén está interesado na política, xa que se presentou como candidato do Partido Socialistas nas eleccións municipais de Carballedo deste pasado maio.

0.17540502548218