Xosé Ramón Fandiño deu unha conferencia no Círculo Saviñao acompañado da vicepresidenta do Padrado do Museo do Pobo Galego

RibeiraSacraXa
Xosé Ramón Fandiño deu unha conferencia no Círculo Saviñao acompañado da vicepresidenta do Padrado do Museo do Pobo Galego
Acto O Saviñao
9 May 2023

O Círculo Saviñao acolleu unha conferencia de Xosé Ramón Fandiño que titulou 'Seminario de Estudios Galegos e Museo do Pobo Galego. Xan de Forcados e Pura Lorenzana', que forma parte dun dos actos de conmemoración do centenario do Seminario de Estudios Galegos.

Este evento, que contou coa colaboración do Concello do Saviñao, tivo a presenza de María Xosé Fernández Cerviño, vicepresidenta do Padroado do Museo do Pobo Galego, institución herdeira do Seminario.

Así, durante esta charla, falaron de Don Juan López Suarez "Forcados" e dona Pura Lorenzana Prado, naturais e veciños do Concello do Saviñao e ligados dalgún xeito á institución.

De Don Juan, resaltou Fandiño, entre outras moitas facetas de médico e mecenas, a súa vinculación coa Xunta de Ampliación de Estudos, "que tantas becas concedeu para a mellor formación de xente valiosa, tamén de Escairón", explicou.

Pola súa parte, de Dona Pura dixo que chegou a ingresar como socia activa no Seminario en 1930, lendo o seu traballo de ingreso 'Mámoas do Saviñao. A anta de Abuime e a necrópole do monte da Morá, que realizara con Florentino López Cuevillas e Antonio Fraguas, "sendo acollidos precisamente no seu pazo mentres durou o traballo por Don Juan de Forcados", argumentou Fandiño.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.12859582901001