Xornadas contra a violencia machista en Chantada
Por mor do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, o 25 de novembro, a Asociación chantadina Polamiúda organizou actividades para loitar e denunciar a violencia que se exerce sobre as mulleres en todo o mundo. Asemade, servirá tamén para reclamar políticas en todos os países para a súa erradicación.
Este ano as xornadas enfócanse na violencia institucional.
O programa de actividades deu comezo o día 13 de novembro no Café Cantón onde se presentou o libro “Cómplices. Violencia machista institucional” a cargo da coordinadora Iria Vázquez Silva e Lola Ferreiro Díaz.
O Sábado 20 ás 18.00 horas no Auditorio Municipal de Chantada haberá unha palestra sobre “Xustixa patriarcal/violencia institucional” onde se contará coa participación de Antía Pousa Pérez e as afectadas do Caso Maruxaina.
O Xoves 25N ás 20.00 horas na Praza do Cantón terá lugar unha concentración contra a violencia de machista.
E, para rematar co círculo de actividades, o 28 de novembro ás 17.00 horas no Círculo Recreativo e Cultural de Chantada (Casino de Chantada) falarase de forma informal sobre as violencias machistas. Esta actividade non é mixta.