Xornada de portas abertas no CEIP Rosalía de Castro de Bóveda

RibeiraSacraXa
El CEIP Rosalía de Castro de Bóveda organiza una jornada de puertas abiertas el próximo viernes 18 de marzo.
ceip rosalia castro boveda
15 Mar 2022

O CEIP Rosalía de Castro de Bóveda acolle este venres 18 de marzo unha xornada de portas abertas para que as familias poidan coñecer as instalacións do centro, a súa metodoloxía de formación e as actividades que ofrece.

O prazo de admisión de novo alumnado para o curso 2022-2023 remata o 21 de marzo.

Ademais, durante os últimos días o Concello de Bóveda, a ANPA e o CEIP Rosalía de Castro lanzaron unha campaña informativa para animar ás familias a matricularse no centro. O Goberno local colabora coa ANPA e co Colexio difundindo vídeos a través das redes sociais nos que se amosan as instalacións do centro e se enumeran todos os recursos cos que conta.

Na campaña informativa, danse as razóns que fan do centro CEIP Rosalía de Castro no mellor para escolarizar aos rapaces xa que conta con amplas instalacións recentemente remodeladas, servizo de transporte escolar, servizo de comedor con cociña propia, horto escolar ou actividades extra escolares.

Os vídeos que se comparten foron feitos coa colaboración do alumnado e dos mestres do centro, que axudan no percorrido polas diferentes instalacións, desde a entrada, pasando polas aulas, o comedor, o patio ou o horto.

Tamén se explica que cada neno ou nena dispón dun ordenador, a existencia de seccións bilingües con auxiliar de conversa nativo, o circuíto de psicomotricidade, a adscrición ao programa EDIXGAL de participación na rede galega de educación dixital, ao plan de mellora de bibliotecas escolares e ao plan de alimentación saudable.

Para máis información pódese chamar ao teléfono 982 870 095.

0.12097907066345