Xornada de apertura gratuíta do punto limpo de Quiroga

RibeiraSacraXa
Será este venres, 26 de xullo, entre as 9.00 e as 13.00 horas
punto-limpo-quiroga
Punto limpo
25 Xul 2024

Este venres, día 26 de xullo, abrirán as instalacións do Punto Limpo para todos aqueles usuarios que queiran levar refugallos dos que se queiran desfacer sen custo algún. Este servizo que se presta gratuitamente o derradeiro venres de cada mes, funcionará en horario de 9.00 a 13.00 horas.

No Punto Limpo deben ir residuos voluminosos -mobles, colchóns, electrodomésticos ou plásticos de envoltura-, todos eles residuos que non teñen contedores específicos para a súa recollida instalados na rúa.

A decisión de abrir gratuitamente un día o mes veu motivada pola demanda da veciñanza para poder depositar o lixo que se xera nos fogares e que non se poden votar noutros contedores. Outro dos motivos que levou a abrir estas instalacións municipais é o de evitar que aparezan vertedoiros incontrolados en puntos do municipio. O que non se permite é deixar o lixo tirado na súa entrada, unha falta de civismo que pode ser multada como contempla a ordenanza municipal.

Ademais desta xornada gratuíta e de portas abertas, mantense o servizo de recollida a domicilio para levar estes residuos ao Punto Limpo chamando ao teléfono 636.69.35.00. Este servizo ten un custo que rolda os 3 euros por electrodoméstico, ao que se engaden 22 céntimos por cada km que sexa preciso recorrer ata o lugar indicado. Tamén se mantén a apertura do punto limpo previa cita fora da xornada de portas abertas, pero neste caso tamén é preciso abonar a taxa correspondente por residuo que se vaia depositar.

0.065153121948242