Xogos medievais para os rapaces en Quiroga
RibeiraSacraXa
Sabios, xogos e xograres é a actividade enfocada aos nenos e nenas da zona enmarcada na programación San Martiño e viño no Camiño.
8 Nov 2021
Os máis pequenos tamén teñen o seu oco na programación San Martiño e viño no Camiño. Sabios, xogos e xograres é a actividade enfocada aos nenos e nenas da zona.
Os xogos de carácter medieval darán comezo o xoves 11 de novembro ás 16.00 horas na praza Maior de Quiroga.
Estas actividades lúdicas pertencen ao programa de dinamización lingüística na que se promove o galego como lingua e cultura.