Xeoloxía, arqueoloxía e patrimonio na fin de semana da Festa da Castaña do Courel

RibeiraSacraXa
A asociación Coureleando organiza a Festa da Castaña do Courel a primeira fin de sema de novembro con dúas propostas vinculadas ao mundo da xeoloxía, arqueoloxía e patrimonio.
Coureleando
18 Oct 2023

A asociación Coureleando organiza a Festa da Castaña do Courel a primeira fin de sema de novembro con dúas propostas vinculadas ao mundo da xeoloxía, arqueoloxía e patrimonio.

O sábado 4 dará comezo ás 10.00 horas unha ruta no Cido de 7 quilómetros e dificultade media.  O percorrido amosa a xeoloxía do CIdo, inclúe a visita a un campo de dolinas e ás escavacións do Cito. O punto de encontro será na Aula da Natureza da Moreda. Despois terá lugar a Festa da Castaña en Seoane.

O domingo 5, a partir das 10.00 horas, tamén comezará unha ruta arqueolóxico e xeolóxico en Seceda. O percorrido, de 7 quilómetros e dificultade media, inclúe a visita a un xacemento de fósiles devónicos, a unha mina de ferro e a interpretación do Castro de Seceda. O punto de encontro será a Praza na entrada de Seceda.

As actividades contarán cos guías Iván Álvarez Merayo, arqueólogo e membro do Comité científico do Xeoparque e Guillermo Díaz Aira, técnico deportivo de Media Montaña. As rutas teñen un prezo de 15 euros por persoa. A actividade para os menores de entre 8 e 13 anos que vaian acompañados dos pais será gratis. Os interesados poden anotarse a través do correo info@coureleando.com ou a través dos números 606 642 337 ou 626 643 021.

coureleando festa da castaña 2023

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16868495941162