Xabier Quiroga presenta en Monforte a súa obra 'Coa man esquerda' este venres

RibeiraSacraXa
Xabier Quiroga presenta en Monforte a súa obra 'Coa man esquerda' este venres e poderán asistir todas as persoas de balde
Presentacion libro libreria agrasar
Presentacion libro libreria agrasar
4 Maio 2023

O escritor Xabier Quiroga presenta este venres, 5 de maio, a partir das 20.00 horas o seu libro ‘Coa man esquerda’, unha obra editada por Edicións Xerais de Galicia.

Durante esta xornada, as persoas interesadas en participar poderán facelo de balde, pero hai que reservar praza, xa que o aforo é limitado.

A sinopse desta obra consiste en que un escritor retirado recibe un sobre que contén unha nota e un cartafol cheo de follas atropeladamente manuscritas. Empregando un estilo moi libre e sedutor, Xabier Quiroga volve cunha alfaia literaria baseada nun feito real, contando unha historia dura e tenra á vez, e estarrecedora, que nos achega á eterna vileza do ser humano.

Presentacion libro libreria agrasar
0.080044031143188