Xa se pode ver en Pantón a exposición “Nós tamén fomos emigrantes”

Desde o 20 de febreiro ata o 23 de marzo, a Casa da Cultura de Pantón acolle a mostra “Nós tamén fomos emigrantes”, que recolle unha escolma de imaxes dos arquivos da Axencia EFE, un dos fondos fotográficos máis importantes de España sobre a emigración galega e española.
A exposición presenta retratos próximos que narran as circunstancias vitais da xeración das nosas nais e pais, así como de avós e avoas, que abandonaron a súa terra en busca dun futuro mellor.
A mostra pode visitarse de luns a venres en horario de 10:00 a 20:00 horas e os sábados de 10:00 a 14:00 horas.