Xa se pode participar na 24ª edición da Mostra Artelemos

RibeiraSacraXa
A mostra permanecerá aberta durante seis días consecutivos nas primeiras datas de agosto, concretamente dende o día 5 ata o 10, na rúa Cardeal
artelemos-2023
6 Xuño 2024

O Concello de Monforte abriu o prazo de inscrición para participar na 24ª edición da Mostra Artelemos, prazo que permanecerá aberto ata o día 24 de xuño para que os artesáns e artesás poidan cursar as súas solicitudes.

Este ano 2024 o Concello mantén un día máis de celebración da mostra con respecto a outros anos, que permanecerá aberta así durante seis días consecutivos nas primeiras datas de agosto, concretamente dende o día 5 ata o 10, na rúa Cardeal, como ben sendo habitual.

“Nesta mostra”, salienta o alcalde, José Tomé Roca, “poderemos atopar gran variedade de disciplinas artesanais. Participarán na mesma un número total de 30 artesáns podendo ofrecer unha variada gama de produtos que van dende orfebrería, cestería, coiro, lá, cerámica, olería de Gundivós... ademais os visitantes que se acheguen a desfrutar desta nova edición deArtelemos, poderán ver en vivo a elaboración de pezas que os propios artesáns realizarán así como a participación de obradoiros para nenos.”

O horario durante os seis días da Mostra Artelemos será de 10.00 a 14.00 e 18.00 a 22.00 horas e poderán participar aqueles artesáns coa carta de artesanía emitida, e/ou taller dado de alta como artesán, tendo estes últimos prioridade, así como aqueles de Monforte e a comarca Terra de Lemos, e inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.

Dende o Concello queren animar aos artesáns a participar na Mostra de Artesanía Artelemos porque supón un escaparate único para poder mostrar os seus produtos e explicar directamente aos visitantes da Mostra a súa elaboración. Deste modo pódese apreciar con mais claridade o a complicación e traballo dos produtos artesáns axudando a darlles o verdadeiro valor que teñen.

0.08899998664856