Xa se coñecen os primeiros equipos que ascenden a Segunda
No primeiro grupo de ascenso, esta xornada o Castro B venceu 4-0 ao Cazás obtendo así tres puntos máis na clasificación que o deixa primeiro e sen oportunidade ao resto dos equipos de remontar e superalo. Desta forma será o Castro B o que a próxima tempada se enfronte aos equipos de Segunda Galicia.
Malia que o intentaron o Rioaveso, que tamén venceu esta fin de semana contra o Nuevo Nausti pola mínima, esta vitoria foi insuficiente e o ano que ven quedará na mesma competición.
No grupo 2 aínda non hai nada decidido e será a próxima xornada na que se decida se é o Comercial, o Catro Roldas ou o Celeiro o que ascende de categoría.
Por outra banda, o Lemos B conseguiu o ascenso tras converter un penalti en gol no minuto 60, cando o marcador estaba empatado a 1 co Monterroso B. Esta vitoria supuxo a suma de tres puntos e a imposibilidade de que os seus rivais o superen na clasificación.
Para finalizar, o Carballedo tamén se clasificou despois de derrotar 2-0 ao Taboada B. Os locais estrearon o marcador no 31’ e definiu o resultado no 54’ co gol de Roberto.