Xa se coñece o listado de beneficiarios do Bono Comercio de Chantada
Debido á situación excepcional que o Covid-19 está a marcar na sociedade, o Concello de Chantada convocou unha serie de axudas para controlar as consecuencias de escala significativa aos diferentes profesionais do comercio, que viron reducida de maneira significativa os ingresos pola paralización ou ralentización da actividade económica.
Visto que esta circunstancia extraordinaria require a planificación e execución de actuacións para paliar a situación xerada, o Concello creou un Bono Comercio para os veciños que poderán gastar nas tendas asociadas. A listaxe de beneficiados pódese consultar na páxina web do Concello.
Os bonos deberán ser recollidos polos beneficiados, de maneira presencial, nas oficinas do Concello de Chantada, nun prazo de 10 días naturais dende a publicación da lista de beneficiarios na páxina web do Concello.
FUNCIONAMENTO BONO COMERCIO
O cliente presentará o bono orixinal no establecemento colaborador elixido facendo unha compra mínima de 25 euros. No caso de devolucións de produtos adquiridos co desconto, non se procederá ao reintegro do importe en metálico, senón que o establecemento entregará un vale para trocar por futuras compras.
Os bonos poderán utilizarse dende a súa entrega ata o día 31 de xaneiro do 2022.
ESTABLECEMENTOS ADHERIDOS
Os establecementos adheridos son: Varela Sport S.L.; Eneska Moda S.L.; Droguería Quinzán; Electrodomésticos Luís; Neosat-Informática S.C.; Floristería Cristalar; Zapatería Pazios; Obradoiro de Marcos; Librería Vence; Óptica Teresa Feas; Jamex; Floristeria La Rosa; Farmacia Ana Méndez; Axouxere Moda; Electrodomésticos Lage; Ej. Tecnic, S.L. Electricidad Javier; Calzados Luca; Pícaros; Floristería Marina, Número DezM Relojería Mario; Deportes Jamex; Infornova Chantada; Pisadas Zapatería; LR 14 Moda; Moda Albers CB; Marisol Román CB; Virule SC.; Librería Mago SL; Centro de Análisis Gómez-Failde CB; Herboristería Milenrama; Seijas Decoración; Pekes Moda; Relojería Camporramiro; Elba Confecciones; Raparigos; Adapta Soluciones Integrales CB; Hnos Sánchez Chantada S.L.; Jimmy; Sabrina Moda; Calzados Doval; Marisa Doval; Vilot; The Closet; Perlada SL; Electrodomésticos Perlada SL; Sistemas Dixitais Avanzados SL; Supermercado Claudio; Lenceria Soli; Lencería Faby; Nailssandra-2315 (uñas); Turini Sport S.L.; Droguería Volvoreta; Almacenes La Moda.